Analízase a viabilidade para implantar en Narón unha liña de transporte interior en autobus

A concelleira de Transporte, Mar Gómez, e o primeiro tenente de alcalde de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, desprazáronse este mércores, día 21 de setembro, á Coruña para reunirse co xefe territorial da Consellería de Mobilidade, José Antonio Álvarez, co fin de analizar os problemas do servizo de transporte público en autobús na cidade.

Dende o Consistorio naronés informouse en anteriores ocasións, dende o pasado ano, á administración autonómica da situación, incidindo na necesidade de que se implantase unha nova liña de transporte interior de transporte en bus polo tramo da Gándara, A Solaina e Freixeiro.

Sánchez Fojo e Gómez incidiron na urxencia de que se atendan as demandas dos usuarios do servizo, entre eles alumnado que cursa estudios nos institutos da cidade e tamén persoas que se desprazan ao centro de saúde ou ó propio Concello, entre outros.

“A mellora da mobilidade en Narón é unha necesidade dende hai tempo e confiamos en que a Xunta e o Concello poidamos chegar a un acordo para subsanar as carencias do servizo”, asegurou Sánchez Fojo.

Os edís naroneses e o representante autonómico acordaron definir un estudo de custes do servizo e horarios detallados, así como usuarios potenciais… para analizar a viabilidade de rubricar un convenio que permita poñer en marcha esa nova ruta da liña de transporte.

Así mesmo, dende o Consistorio interesáronse ante Álvarez pola supresión na cidade da parada do bus que cubre a diario a liña Ferrol-A Coruña, solicitando que se restableza

Lea también

Entrega en Narón de preto dun centenar de biocomposteiros ós veciños da cidade

O Café Teatro do Pazo da Cultura acolleu o mércores, día 7 de decembro, o …