Celebración en Valdoviño do Día do Orgullo Neofalante

O Concello de Valdoviño celebrará o Día do Orgullo Neofalante cunha actuación de MJ Pérez dirixida á mocidade e coa exposición Cantámola no CPI Atios.

A primeira proposta desenvolverase este xoves, día 22 de setembro a partir das 17:00 horas na Casa da Cultura, dirixida ó alumnado da ESO do centro educativo. En grupos, poderán asistir ó concerto-charla «Sube ó Galego» con MJ Pérez, unha das novas voces no panorama actual da música galega.

Acumula máis de 100 concertos en diferentes cidades e pobos de Galicia e Portugal, e xa ten tres álbums: un autopublicado (Ollos que non ven, síntoma de cegueira) e dous autoproducidos (Guerrilleira e Casandra). A música de MJ Pérez bebe da esencia da composición, unha fusión de diferentes estilos musicais co predominio do rock-pop. A palabra e a mensaxe dos temas adquiren un protagonismo especial xunto coa súa voz, chea de personalidade.

En Valdoviño, entablará un diálogo coa mocidade sobre a lingua e a experiencia artística.

Así mesmo, na actividade traballarase sobre os diferentes referentes da mocidade e na súa relación cos valores das linguas, neste contexto farase incidencia no fenómeno emerxente de creación musical en lingua galega como modelo de impulso do uso e prestixio do galego. A busca conxunta de referentes e motivacións do alumnado en distintas iniciativas ó redor da lingua tamén será motivo de reflexión e diálogo.

A vindeira semana, chegará ó municipio a expo «Cantámola», unha mostra dedicada á música do noso país, formada por 14 paneis que amosan a rica oferta musical de Galicia e en galego, en ámbitos como as músicas urbanas, rap, mestizaxe, experimentación electrónica, pop – rock ou infantil, entre outros.

Tanto a actuación anterior como a exposición, que permanecerá durante toda a semana no CPI Atios, están organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística que o Concello de Valdoviño comparte cos concellos de Cabanas, Ares, Mugardos e Neda a través da Mancomunidade

Lea también

Ortigueira cerca de retener la inversión de 759.658 euros para el albergue y la reforma de O Murito

«A pesar de la petición del Estado de renunciar al dinero», tras la aprobación en …