O BNG de Narón pide solucións e explicacións sobre as incidencias no servicio de bombeiros

O BNG de Narón a través dun comunicado afirma que «no mes de setembro rexistrouse unha comunicación de parte do Xefe de Dotación do SPEIS de Narón de que o vehículo AEA-2 de bombeiros ten fallos na escada polo que non permitiron facer correctamente intervencións».

«Isto levou a que o servizo de bombeiros tomaran a decisión de non utilizar ese vehículo. As reclamacións dos bombeiros de Narón son moitas desde hai tempo» 

O BNG preocúpalles «que o concello non poña solucións enriba da mesa nun servizo necesario e exemplar como son os bombeiros dentro do SPEIS de Narón» “queremos solucións. Este mes houbo un incendio moi grave no Polígono As Lagoas que calcinou tres naves e tivemos que comprobar desprazadas alí que non había onde coller auga e houbo que traer fora» engaden

«Felicitamos ó traballo de policías e bombeiros nese incendio pero preocúpanos a situación dun polígono tan importante onde haxa tan poucas bocas de incendios. Precisamos explicacións do goberno e solucións” declara Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón

“O concello ten que sentarse co corpo e solucionar o problema de convenios, vehículos e reclamacións do persoal de bombeiros. Que o fagamos desde a oposición e non se faga desde o concello é grave” afirma Ledo.

Lea también

O BNG de Narón presenta unha moción sobre vivenda

O BNG de Narón presenta unha moción no pleno para frear o prezo dos alugueiros, …