Neda acolle este venres o espectáculo familiar “Toupiciencia Show”

O Concello de Neda convida ós máis pequenos da casa a participar este venres 30 de setembro no espectáculo familiar “Toupiciencia Show”, da compañía Xanela do Maxín

A función, dirixida a nenos a partir de 5 anos, busca promover a divulgación científica en galego a través dun espazo de convivencia e proximidade. Nel, compartiranse experiencias e abrirase camiño ó diálogo e á interacción.

Dará comezo ás 18:30 horas, na Casa da Cultura. A entrada é de balde, pero ó contar con prazas limitadas, requírese de invitación, que pode retirarse a partir deste martes 24 de setembro na Biblioteca en horario de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

O espectáculo inclúese na Rede de Dinamización Lingüística para a promoción do uso da lingua galega, co apoio do Concello de Neda.

Lea también

Ortigueira cerca de retener la inversión de 759.658 euros para el albergue y la reforma de O Murito

«A pesar de la petición del Estado de renunciar al dinero», tras la aprobación en …