Ferreiro recibe a dúas integrantes do xurado do certame «Vilas en flor Galicia 2022»

O Concello de Narón presentouse novamente este ano ó certame “Vilas en flor Galicia 2022”, unha iniciativa organizada pola Fundación Juana de Vega coa Asociación de viveristas de Galicia (Asvinor) e a Asociación Gallega de Empresas de Xardinería (Agaxear).

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, recibiron este martes, día 27 de setembro no Concello a dous representantes do xurado deste certame, Natividad Gilsanz e Camino Nicolás, ás que entregaron unha memoria informativa.

Unha vez no Consistorio as integrantes do xurado visionaron coa alcaldesa e o edil de Servizos un vídeo promocional de Narón e comentaron varias actuacións levadas a cabo en espazos verdes da cidade, entre elas os actuais traballos de construción da senda peonil e ciclista que enlazará os paseos de Xuvia e Freixeiro.

Ata esa zona se desprazaron tamén Ferreiro e Santalla xunto con Natividad Gilsanz e Camino Nicolás, que además percorreron o parque de Freixeiro, as inmediacións do muíño de As Aceas, o paseo de Xuvia e outros espazos verdes da cidade.

Así mesmo, Ferreiro informou ás representantes do certame sobre actuacións encamiñadas a fomentar o uso e disfrute destes espazos, donde ao longo do ano se programan numerosas actividades para todos os públicos, e tamén de melloras encamiñadas a preservar e coidar o medio ambiente, como a recente instalación dos puntos limpos de proximidade na zona urbana ou a previsión de instalar a quinta fracción na recollida de lixo, o contedor marrón.

O pasado ano o Concello de Narón obtivo tres Flores de Honra, das cinco posibles, no certame “Vilas en flor”, galardón co que se recoñece o traballo realizado nas áreas a valorar polo xurado desta iniciativa. O Concello de Narón conta cunha superficie de algo máis de 630.000 metros cadrados de espazos naturais, parques e xardíns.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …