O BNG de Narón presenta moción para que os campamentos de verán non discriminen por diversidade funcional

O BNG de Narón a través dun comunicado remite a nota da moción que presenta no pleno de setembro  para «que os campamentos municipais infantís de verán non discriminen por razón de discapacidade ou diversidade funcional»

O BNG afirma que «o pasado 8 de Xuño unha nai dun neno con diversidade funcional quixo apuntar ó seu fillo nun campamento organizado polo padroado da cultura do concello de Narón. Desde o concello, despois de poñerse en contacto e comprobar que no padroado non se reunían as condicións, non se lle facilitou a posibilidade de cursar nalgunha das prazas dos campamentos municipais de Narón. Esta discriminación levou á nai da crianza a acudir á valedora do pobo»

O BNG «despois de asesorarse con entidades que traballan con menores con discapacidade e falar varias veces con responsables municipais» presentan unha moción “para que se creen uns pregos ou as condicións para que a igualdade para acudir a un campamento realizado polo concello de Narón sexa unha realidade e todas as familias teñamos o mesmo dereito á conciliación” indica Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.

Desde o BNG de Narón «comprobaron que o acontecido vulnera o artigo 7 da Convención internacional dos dereitos das persoas con discapacidade, e tamén o artigo 30.5 da Convención (dereito ó ocio e ó esparcimento) ó non terse adaptado a administración, local neste caso, ás medidas necesarias para asegurar os dereitos dos menores con discapacidade». «Esperan que máis grupos se unan a unha necesidade real “todos melloramos con esta moción se sae aprobada porque o único que pretendemos é igualdade de oportunidades. Facémola porque despois de consultar non vimos movemento ó respecto. Un neno foi discrimado mais non ten porque volver a acontecer se se aprende de concellos próximos ou se mudan os regulamentos do concello» afirma Ledo.

Lea también

Entrega en Narón de preto dun centenar de biocomposteiros ós veciños da cidade

O Café Teatro do Pazo da Cultura acolleu o mércores, día 7 de decembro, o …