O Pazo da Cultura de Narón acolle esta «finde» a representación de «Cigarreiras» e «Golulá»

O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana a representación da peza “Cigarreiras”, de Contraproducións SL e tamén da obra de teatro “Golulá”, de Galitton.

A primeira cita será o venres e o sábado, 20.30 e 20.00 horas, con “Cigarreiras”, unha obra que aborda unha situación e referencias históricas ante as figuras de Emilia Pardo Bazán e as cigarreiras. O público presenciará o tratamento de temas que están de actualidade, como a memoria colectiva, a perspectiva de xénero… que a partir dos modelos da autora, a peza está baseada en “La Tribuna”, de Emilia Pardo Bazán, suscitarán un gran interese. A obra está adaptada e dirixida por Cándido Pazó.

Na xornada do domingo día 2 de outubro representarase “Golulá”, de Galitoon,  un espectáculo de técnica mixta que combina o teatro de autor con “body puppets” (monicreques xigantes), «muppets» (monicreques de medio porte) e teatro de luz negra.

A partir de aí crearase unha trama propia dos contos clásicos de aventuras. Os protagonistas son Lara, unha nena, e o seu amigo Bunka, un gorila encargado de coidar á única nube de Golulá, que un día rouban e obriga aos dous amigos a realizar unha viaxe cargada de perigos e personaxes fantásticos.

As entradas para estes dous espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Lea también

Recollida de sinaturas xunto ó centro de saúde de Narón en apoio á ILP

O concelleiro de Sanidade do Concello de Narón, Santiago Galego, informou que este mércores, día …