O Pazo da Cultura de Narón proxecta este mércores «Farenheit 451»

O Pazo da Cultura de Narón acolle este mércores, día 5 de outubre, ás 20.00 horas, a segunda proxección do ciclo de cine “Ciencia ficción para axitar conciencias”.

Nesta ocasión, as persoas que o desexen poderán ver, de balde, a película “Farenheit 451”, de François Truffaut (1966), unha adaptación da distopía de Ray Bradbury na que se reflexiona sobre o totalitarismo, a censura e a liberdade de pensamento.

O Cineclube Serie B organiza esta convocatoria en colaboración co Concello de Narón, a través do Padroado da Cultura, a Federación de Cines de Galicia e a Xunta de Galicia. A terceira e última proxección deste ciclo terá lugar o vindeiro 19 de outubro, tamén ás 20.00 horas e de balde no Pazo.

“Distrito 9”, de Neill Blomkamp (2009), foi o filme elixido para a ocasión. O racismo, a segregación e os prexuízos raciais, así como a manipulación mediática e o poder das grandes corporacións forman parte da temática desta película.

Lea también

La ASCM conmemora el día del libro con un MercaLIBRO solidario

La Asociación Sociocultural ASCM organiza este viernes 19 en el local social de A Gándara …

Un comentario

  1. Un clásico. Una de esas películas de culto que nunca pasarán de moda. De cuando el cine gastaba más en guionistas que en efectos especiales.