O BNG leva o pleno de Ferrol as demandas dos traballadores do Hotel Almirante

Iván Rivas, Xavier Rodríguez e María do Mar López en rolda de prensa | BNG

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol ofreceu este mércores, acompañado de Xavier Rodríguez, representante sindical dos traballadores e traballadoras do Hotel Carrís Almirante, unha rolda de prensa para presentar unha inicitiva que abordará no pleno municipal a situación do persoal deste hotel do seu e instando ao goberno local á demandar da empresa Carrís Hoteles a recuperación da súa actividade.

Iván Rivas, portavoz do BNG no Concello de Ferrol, indicou que o futuro deste hotel «é un problema que nos debe preocupar às organizacións políticas con presenza na corporación municipal«. Sinalou que neste caso, como en moitos outros, «non podemos permitir que sexan os traballadores e traballadoras quen paguen as consecuencias de intereses particulares de empresas que xesitionan instalacions como neste caso, o Hotel Almirante, unha instalación cun valor engadido como é a súa longa traxectoria asentado na nosa cidade.«

O BNG quixo facerse eco dunha problemática que leva bastante tempo acontecendo nesta cidade como é a situación na que se atopan os traballadores e traballadoras do Hotel Almirante, un establecemento referente e histórico da nosa cidade que permanece pechado xa mais de dous anos e sobre todo tendo en conta que as circustancias que motivaron o seu peche, como foi a crise da covid 19, «a estas alturas do ano no 2022 esa xustificación está fora de lugar.«

Iván Rivas sinalou que esta moción pretende de que todas as organizacións políticas que forman parte da corporación municipal se comprometan para resolver a situación na que se atopan as traballadoras do Hotel Almirante «que levan anos nunha siuación insostible porque se lles remataron as prestacións às que tiñan aceso produto do ERTE no que estan implicados a causa da decisión tomada pola empresa Carrís de manter pechado este establecemento.«

Lea también

O BNG pide fin da cita previa no Concello de Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol reiterou esta maña ao alcalde da cidade, o socialista …