Prazo de inscrición aberto no «Forum Galicia Invests» organizado polo Concello de Narón

O Concello de Narón organiza unha nova edición dun evento de investimento privado na zona co obxectivo de facilitar a financiación de empresas que queiran lanzar ou afianzar innovadores modelos de negocio, o Forum Galicia Invests.

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, informou que a convocatoria terá lugar o vindeiro 13 de outubro no Pazo da Cultura, explicando que se poderá participar, de balde, de xeito presencial de 19.00 a 21.30 horas ou vía telemática 19.30 a 21.30

O evento comezará coa benvida institucional, que presidirá a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e na que intervirán tamén o concelleiro de Promoción Económica, David Pita; o conselleiro delegado de Netin Club Oficina nacional, Enrique Saint-Gerons e un representante de Netin Club Galicia, Jesús López.

A continuación, sobre as 19.30 e ata as 20.00 horas, presentaranse tres proxectos: Sportbook (Galicia), a rede social dos deportistas; Dbarrio (Galicia), markerplace solidario e colaborativo para axudar ao pequeno comercio dos concellos a vender en liña e a domicilio, e Haaku´s (Valencia), elaboración de churros instagrameables cubertos de salsas e topings, comercializados en puntos de venta cunha estética moi coidada e atractiva.

A última das propostas, que dará comezo ás 20.00 horas, será unha ponencia sobre “Emprender ós sesenta anos por quinta vez”, a cargo do inversor Jesús Alonso Gallo. Ó remate da mesma, sobre as 20.30, o edil de Promoción Económica da cidade clausurará a convocatoria.

Pita animou a asistir a todas as persoas “interesadas en coñecer modelos de investimento privados dirixidos a financiar proxectos innovadores e xa testados que queiran impulsar os seus modelos de negocio”.

As inscricións para o modo presencial deben tramitarse a través do enlace: https://bit.ly/3V42qyp, se ben as do modelo en liña mediante a plataforma Zoom: https://bit.ly/3e8y0dN

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …