Restricións temporais de tráfico en Narón pola rodaxe da serie «Rapa II»

As rúas Marcial Calvo, Doutor Fleming, Fons e un tramo da Xoán XXIII (Narón) permanecerán o vindeiro luns, día 10 de outubro, cortadas ó tráfico rodado con motivo da gravación de varias escenas da serie “Rapa II” que leva a cabo a produtora Portocabo.

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero recordou que xa se gravou na cidade para a primeira tempada desta serie, creada por Pepe Coira e Fran Araújo, dirixida por Jorge Coira, e que conta no reparto co recoñecido actor español Javier Cámara.

Tamén se está gravando para a segunda tempada, para a que recientemente se utilizou o espazo do antigo centro de saúde do Alto.

Os vehículos poderán utilizar vías alternativas, que estarán debidamente sinalizadas, co fin de ocasionar as menores molestias posibles pola ocupación da vía pública e os cortes de tráfico que se rexistrarán durante toda a xornada do luns.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …