O Esteo cae ante os favoritos do CD Lugo Sala

Instante do partido entre O Esteo e CD Lugo Sala | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

O Esteo pontés de fútbol sala recibía este domingo no Pavillón Monte Caxado ao Lugo Sala, equipo lucense fundado por ex integrantes do Azkar Lugo, que quere ir escalando categorías pouco a pouco, e despois de subir da Terceira a campaña pasada leva catro vitorias consecutivas.

O equipo da Muralla conta, entre outros, con cinco xogadores con experiencia na Primeira División, e de non hai moito tempo, o mitiquísimo Miguel Muñoz, ex Lobelle, Azkar, O Parrulo, Burela, Zaragoza e selección española, Iago Rodríguez, tamén ex do O Parrulo, Azkar e Burela, e Diego Núñez, que tamén vestiu a camisola do equipo lucense e do cadro departamental na máxima categoría.

Tamén estaban os irmáns Diz, con pasado ambos no Azkar e no Santiago Futsal, o pequeno Alex tamén estivo no Osasuna e Burela, e o maior Antonio no Noia. Amén de xoves prometedores entre os que está o pontés Bruno Silvén.

Con estes ingredientes o encontro de hoxe semellaba plácido, 0-3 ao descanso, e logo co 0-5, marcado ademáis de tacón por Antonio Diz, pero apenas quedando dez minutos O Esteo, aínda máis canso por menor rotación, tirou de casta e comezou a remontar con tantos de Jhony e Cokito de falta, aínda que cun desafortunado saque de banda os visitantes situaban o 2-6 anotado polo seu porteiro.

Pero outro arreón con golazo de tiro cruzado de Cokito, un penalti transformado por Jandro e unha gran xogada de Jhony que culminaba Alberto poñían o 5-6 no marcador incluso tendo unha falta directa entremedias o cadro local.

Pero tras unha expulsión de Cokito por desviar coa man un balón que semellaba ía cara á portería, o cadro lcoal queimou as naves arriscando co porteiro xogador aínda estando con só catro futbolistas en pista o que aproveitou o gran Antonio Diz para marcar o 5-7 definitivo.

Tres puntos perdidos asumibles que se compensan coa vitoria a semana pasada 3-8 na complicada cancha do Sala Ourense. Con seis puntos próxima visita ao histórico Leis Pontevedra, sorprendente colista sen puntuar, si ben é certo que con marcadores moi apretados na súa cancha.

O Esteo: Juan, Cokito, Héctor, Troncho, Alberto – Jandro, Adrián, Jhony, Guillán.

CD Lugo Sala: Luismi, Costoya, Borja, Bruno, Miguel Muñoz – Iago Rodríguez, Longo, Antonio Diz, Miki, Diego Núñez, Alex Diz.

Goles: 0-1, Antonio Diz (4´), 0-2, Iago Rodríguez (6´), 0-3, Miguel Muñoz (10´). 0-4, Brunito (23´), 0-5, Antonio Diz (27´), 1-5, Jonhy (31´), 2-5, Cokito (32´), 2-6, Luismi (34´), 3-6, Cokito (35´), 4-6, Jandro, de penalti (36´), 5-6, Alberto (37´), 5-7, Antonio Diz (39´).

Incidencias. Amarelas a Jhony, Alberto, Diego Núñez, Costoya. Expulsado con vermello directo Cokito (37´). Uns 80 espectadores no bonito pero reducido pavillón escolar.

Lea también

El 5 de mayo, Torneo 3X3 de baloncesto “Jornada Histórica de la Armada “, en Ferrol

El próximo domingo, día 5 de mayo, en el contexto de las actividades que se …