O Pazo da Cultura de Narón acolle esta «finde» dúas obras teatrais

A compañía Pentación S.A. representará este sábado, día 15 de outubro, as 20.00 horas no Pazo da Cultura de Narón a obra “Una noche con ella”, protagonizada pola actriz Loles León e de cuxo elenco forman tamén parte Briel González, Fran del Pino e o pianista Yeyo Bayeyo.

A obra, dunha hora e media de duración, realiza un percorrido polos últimos cincuenta anos da nosa historia, percorrendo momentos amargos e felices e cun 80% de realidade e o 20% restante de ficción.

As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura www.padroadodecultura.es a un prezo de 18 euros para o público xeral e de 12,60 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

O domingo ás 18.00 horas terá lugar a representación dunha obra para público familiar, “Ninja”, de Ghazafelhos. Durante case unha hora Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho intepretarán unha peza teatral protagonizada por Amelia, unha nena que vive no rural galego e á que lle encanta a cultura oriental. Soña con ser unha ninja e adestra todos os días para conseguilo.

A temática desta obra céntrase no acoso escolar a través dunha historia cargada de reflexións. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 12 anos.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …