Inscrición en Narón nun curso de Operador de ponte guindastre

O Concello de Narón abrirá o vindeiro luns día 17 de outubro, ás 8.30 horas ,o prazo de inscrición nun curso de Operador de ponte guindastre, cun total de doce prazas.

A edil de Formación, Natalia Hermida, anunciou que esta acción formativa se dirixe a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón. O período para inscribirse permanecerá aberto ata o 24 de outubro ás 13.30 horas.

Hermida explicou que este curso terá unha duración total de 55 horas e que as datas previstas do mesmo son do 2 al 17 de novembro. As clases desenvolveranse no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, do 2 ó 7 e do 14 ó 17 de novembro e no polígono de Río do Pozo, do 8 ó 11 dese mesmo mes para desenvolver a parte das prácticas (20 horas). O horario previsto do curso é de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Tipos de guindastres, normas fundamentais de uso das pontes guindastre, manexo de cargas con pontes guindastre, mantemento e verificación, sinalización, cables e tambores de enrolamento, riscos específicos e medidas preventivas, comprobación e verificación de dispositivos de seguridade, cables e eslingas e manipulación e eslingado de diferentes tipos de cargas forman parte do contido desta acción formativa.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica e polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición no rexistro e o listado provisional de persoas admitidas, suplentes e excluídas publicarase na Sede Electrónica do Concello.

O alumnado seleccionado será informado telefonicamente da súa admisión para confirmar a praza. Para recibir máis información pode consultarse a páxina web do Concello de Narón ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono  981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).

Lea también

O BNG de Narón insta ao goberno local a facerse cargo da xestión do servizo de madrugadores

O BNG de Narón leva ao pleno de abril unha moción na que insta ao …