O BNG de Narón presenta propostas para seren incluídas nos orzamentos do 2023

O BNG de Narón reclama diferentes actuacións en materia de accesibilidade, servizos sociais, infraestructuras, medio ambiente, bonificación de diferentez taxas para entidades ou destinar o 1% dos orzamentos á materia de igualdade coa creación dun Centro de Información á muller. Propostas concretas que desde o BNG consideran «imprecindíbeis para os orzamentos do 2023»

O BNG anuncia a través dun comunicado que «rexistrou un documento no concello de Narón para reclamar investimentos “necesarios” para o octavo orzamento municipal de Galicia». Reclaman que «se teña en conta os lugares onde non se recibiron investimentos e que se solucione problemas concretos como a ampliación dos vestiarios das instalacións de Río Seco ou un proxecto de arquitectura transportable para o clube de piragüismo»

“O obxetivo de BNG é sempre transformar a realidade mirando cara adiante, sumar e conseguir que as nosas cidades sexan espazos seguros e de benestar para a nosa veciñanza, por iso pulamos porque Narón sexa un concello cuns servizos e un espazo público para todas as persoas. Non podemos esquecer, ademais, que este ano todas as adminitracións teñen que facer un esforzo para suplir necesidades sociais que a crise está a incrementar. Precisamos servizos públicos de calidade e estar á altura das circunstancias” incide Olaia Ledo, portavoz muncipal do BNG de Narón.

Nas propostas presentadas polo BNG de cara ós vindeiros orzamentos «recóllense ideas concretas de cara a construír un Mellor Narón». “Fixemos propostas ao novo PMUS e agora pedimos que se inclúa nos orzamentos un % cada ano para a realización dos proxectos que nel se inclúen, o 1 % para igualdade, un novo centro de Día, a creación dun CIM, proxecto para o antigo Centro de Saúde… propostas ambiciosas. En resumo, queremos ser útiles e que se beneficie a veciñanza no seu conxunto” declara Olaia Ledo.

Na presentación do documento estiveron a portavoz municipal do BNG de Narón, Olaia Ledo, o concelleiro Geno Carballeira e a responsábel local da formación nacionalista, Marta Grandal.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …