O Pazo da Cultura de Narón acolle a representación da comedia «Os amos do mundo»

O Pazo da Cultura acollerá este sábado, día 22 de outubro, a representación da comedia “Os amos do mundo”, da compañía Bucanero Teatro.

Esta peza para adultos (a partir de 12 anos) ten unha duración de algo máis de hora e media e poderá verse ás 20.00 horas. Os actores Pedro Picos e Xosé Bonome forman o elenco desta peza, na que darán vida a un home rico e un pobre, un explotador e un home un pouco explotado.

A obra conta a historia de dous homes cun mesmo destino. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …