A Escola Galega de Consumo ofrece unha charla sobre «Reparacións a domicilio»

A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa Venres de consumo responde sobre “Reparacións a domicilio”, na que se informará sobre o consumo e os nosos dereitos nesa área, segundo avanzaron dende a organización.

No transcurso da mesma, dará comezo ás 12.30 horas, respostarase a todas as dúbidas que se plantexen sobre esta temática. Para poder participar é preciso entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto da páxina principal, á esquerda que indica “Venres de consumo”.

Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para acceder á mesma.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …