A exposición “Cantámola” da lugar a unha ampla investigación sobre a música galega en Neda

O Concello de Neda levaba estes días ó IES Fernando Esquío a exposición Cantámola. Unha mostra adicada á música en galego integrada por 14 paneis que amosan a nosa rica e variada oferta musical en ámbitos como as músicas urbanas, o rap, mestizaxe, experimentación electrónica, pop… e un longo etcétera.

Neda convertíase así na última parada da mostra na zona, tralo seu paso por outras localidades, pero isto non significa a súa despedida definitiva, xa que a raíz dos contidos propostos, a comunidade educativa iniciaba un proxecto que levará a cabo ó longo dos próximos meses e no que participarán todos os grupos.

Traballarán sobre a base dunha unidade didáctica sobre a exposición, e de momento, nas clases de lingua e literatura galegas están a recopilar información sobre os intérpretes e grupos que protagonizan a expo.

A música tamén comezou a soar nas aulas, e ata a data, a tónica é a sensación de sorpresa do alumnado ante un escenario musical que ata o dagora vían limitado a uns poucos grupos, entre eles Tanxugueiras, Milladoiro ou Guadi Galego.

A exposición forma parte da programación deseñada, con motivo do Día do Orgullo Neofalante, polo Servizo de Normalización Lingüística que o Concello de Neda comparte con Ares, Cabanas, Mugardos e Valdoviño a través da Mancomunidade

Lea también

Ortigueira cerca de retener la inversión de 759.658 euros para el albergue y la reforma de O Murito

«A pesar de la petición del Estado de renunciar al dinero», tras la aprobación en …