Novas restricións temporais de tráfico en Narón pola rodaxe de «Rapa»

A grabación da segunda tempada da serie “Rapa” en varias zonas da cidade de Narón implicará algunhas restricións no tráfico rodado e espazos de estacionamento en varias rúas da cidade esta semana.

Na xornada dos próximos días mércores 2 e xoves 3 de novembro entre as 7.00 e as 20.00 horas rodaranse escenas na rúa 25 de Xullo e dende o martes 1 ás 22.00 horas ata o xoves 3 ás 22.00 horas reservarase espazo de estacionamento para vehículos nas rúas Don Pelayo, Marina Española e Virxe da O

Haberá nesas xornadas cortes puntuais de tráfico se fosen necesarios por razóns da grabación de son na intersección das rúas Don Pelayo e Roncesvalles

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo de danza tradicional “Ceibe”

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana unha nova proposta, o …