O BNG pide explicacións ao goberno de Ferrol polo retraso no pago do convenio co Ateneo

Iván Rivas en rueda de prensa | BNG

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol advertiu esta mañá que o goberno local non está abonando os convenios que mantén con diferentes entidades culturais da cidade e máis concretamente o convenio que mantén co Ateneo Ferrolán e pediu que se axilicen os tramites necesarios para facer efectivo o mesmo.

O BNG pretende abordar esta situación na comisión de cultura convocada para este venres na que se interesará por esta cuestión concreta «que provoca problemas de financiamento que repercuten directamente sobre esta entidade.«

A formación lembra que estas axudas son subvencións que se repiten todos os anos, axudas que teñen consignación orzamentaria desde o mes de marzo «e que a finais de ano como estamos evidencia que a falta de xestión por parte do goberno local está a comprometer a viabilidade destas entidades que dilixentemente teñen aportado a documentación que se lles esixe

Así mesmo, considera necesario «redefinir no seu conxunto o modelo de concesión de axudas municipais e apostar por un modelo de subvencións de concorrencia competitiva en vez de primar os convenios nominativos«. Cómpre lembrar que precisamente «a area de cultura destina 107.500€ a convenios nominativos contrastan cos escasos 17.807 euros que destina a subvencións de concorrencia competitiva

Desde o BNG consideran que o goberno local «non pode ter ao tecido asociativo da cidade nesta situación» polo que pide que non se demore máis e proceda a aboar a subvención ao Ateneo.

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …