Grave derrota de O Esteo ante o Leis Pontevedra

Instante do O Esteo – Leis Pontevedra | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

O Esteo pontés de fútbol sala recibía este venres á noite no Pavillón Monte Caxado ao outrora histórico Leis de Pontevedra, que chegara a militar na Primeira División na 2007-08.

Os da cidade do Lérez viñan con apenas tres puntos en sete partidos pero cun dos planteis máis novos da categoría asoballaron ao O Esteo no primeiro período, tanto físicamente como en intensidade, e sabendo moi ben a que xogaban.

Adiantaronse ao pouco do comezo cun tanto de falta de Berto que acaba desviando un defensa a gol. Faltando pouco para o intermedio, nunha xogada pouco afortunada cun remate do O Esteo ao poste coa porta baleira, chegou unha contra na que marcou Alan so ante Pablo, e a un minuto do descanso marcaba Takumi de forte disparo pegado ao pau.

Pouco que reprochar a Pablo, que bastante ben estivo, por certo, de casta lle ven ao galgo, familiar do mítico Fernando Bouza, porteiro pontés internacional un 25 de novembro de 1988 nun España 4 – Italia 3.

Sorprendentemente nun fulgurante comezo do segundo período os ponteses lograron empatar con dous tantos de Jandro e Cokito, pero con tempo de por medio e cando parecía que a remontada podía ser posible outro gol de Alan na recta final, e outro de Saúl co tempo cumprido fixeron fuxir outros tres puntos vitais.

Os ponteses son décimos con 9 puntos pero so tres por riba dos penúltimos, os visitantes deste venres. E precisamente ante o colista con tres puntos Universidad de Valladolid xogan os ponteses a vindeira xonrada, tamén na casa, e non se poden permitir outro traspés tras tres derrotas seguidas no Monte Caxado.

O Esteo: Pablo, Cokito, Héctor, Alberto, Jhony – Troncho, Guillán, Jandro, Adrián, Eloy.

Leis Pontevedra: Álvaro, Alan, Raúl, Hugo, Arturo – Takumi, Fidel, Saúl, David, Berto.

Goles: 0-1, Berto (5´), 0-2, Alan (15´), 0-3, Takumi (19´). 1-3, Jandro (25´), 2-3, Jandro (28´), 3-3, Cokito (29´), 3-4, Alan (34´), 3-5, Saúl (39´).

Incidencias. Amarelas a Cokito, Héctor, Alan. Expulsado con doble cartón Jandro. Uns 80 espectadores na noite do venres no Monte Caxado.

Lea también

Boa actuación dos másters galegos no Campionato de España de 5K

Excelente balance para o atletismo máster galego que voltaba esta fin de semana cun total …