Cartas al director-Reflexión para a cidadanía de Narón

Narón é un Concello que medrou moito,ata chegar á actualidade, na que se convertiu nunha puxante entidade poboacional,industrial e comercial. Sen embargo, algún dos seus servizos esenciais non evolucionan á mesma velocidade.

No caso dos bombeiros,a situación do servizo é tal que @ veciñ@ de Narón está en clara desventaxa co resto das cidades con parques de bombeiros municipais. E este tema non é arbitrario, non se trata de estar en desventaxa co seu equipo de fútbol ou nada polo estilo. Trátase de estar máis desprotexidos.

Os incendios, os accidentes de tráfico, os rescates en altura, en situacións extremas, todasestas situacións ocorren en todos os sitios. Pero en Narón o seu servizo vai prácticamente todo o ano con 3 bombeiros a solventalos. Sí, si arde a súa vivenda e quedan atrapados, ou peor ainda, si ao intentar fuxir se intoxican e as súas vidas se debaten entre a vida e a morte, para rescatar á súa familia irán 3 bombeiros, que terán que rescatalos, apagalo lume, confinar ou evacuar ao resto dos veciños,etc… .

Pero por exemplo, un veciño da limítrofe cidade de Ferrol, na mesma situación, recibirá a asistencia de 9 bombeiros. En Ourense 9, en Lugo 9, en Coruña 15, en Vigo teñen 21… . ¿Qué ocorre, valen menos as vidas d@s narones@s? Non son prioritarias as súas vidas? Evidentemente os bombeiros de Narón non pedimos ter o mesmo número de bombeiros que Coruña. Pero sí unha dotación que en base a criterios técnicos ofreza unhas garantías mínimas de cara ao éxito na intervención e de cara á propia nosa seguridade. Pola túa seguridade, pola nosa seguridade.

Alexandre Blanco Varela-Bombeiro  e membro da CGT Narón

Lea también

O Concello de Narón impulsa un programa de prevención da depresión e mellora da saúde mental

O Concello de Narón impulsa un programa de Prevención da depresión e mellora da saúde …