Escolares do CPR Jorge Juan visitan o Concello de Narón e se reuniron coa alcaldesa

 
Un grupo de quince escolares de sexto curso de educación Infantil do CPR Jorge Juan, desprazouse este venres, día 11 de novembro ó Concello de Narón con motivo das actividades proxectadas a través do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, que inclúe un apartado de Coñecemento do Concello a través Itinerarios didácticos na Casa Consistorial 
 
Os menores, acompañados por persoal docente do citado centro de ensino, visitaron varias dependencias municipais da Casa Consistorial e reuníronse coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos.
 
Os escolares ocuparon os asientos dos membros da corporación local no salón de plenos e formuláronlle á rexedora local diversas cuestións relacionadas co seu traballo como alcaldesa da cidade y plantexáronlle varias cuestións.
 
Os rapaces asistiron á proxección no salón de plenos do vídeo “Nara de Narón”, cunha explicación sobre a historia da cidade e as súas parroquias e antes de abandoar o Concello, fotografiaronse coa alcaldesa, que lles fixo entrega duns agasallos, e tamén no photocall “Ti es a abella Nara”.
 
Un explorador e unha abella de Narón, de nome “Nara”, acompañaron ós escolares durante a visita que se realiza de xeito teatralizado. As visitas deste programa continuarán desenvolvéndose en diversas datas deste mes de novembro con alumnado do CEIP A Solaina e CEIP Virxe do Mar.
 

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …