Posta en marcha en Narón do proxecto de dinamización «A Casa aberta»

O concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, informou da posta en marcha na Casa da Mocidade do proxecto “A Casa aberta”, de dinamización e acompañamento socioeducativo de adolescentes.

Trátase dun espazo de socialización en torno ó xogo dirixido á mocidade de Narón de 12 a 16 anos. Este novo espazo para a mocidade quere dar resposta ás demandas prantexadas por este colectivo nos diferentes espazos de participación e tamén á necesidade dunha oferta de ocio dirixida a estas idades nas que a través das súas inquietudes, gustos e afeccións, se pode fomentar e facilitar a adquisición de habilidades e recursos persoais, fomentar as relacións entre iguais e darlles unha presenza no noso Concello.

Mauriz recordou que as actividades enmarcadas no programa “A Casa aberta” constan de: Obradoiros de Educación na Igualdade, Obradoiros de Educación na diversidade, Obradoiros de Educación no uso das novas tecnoloxías, Obradoiros de Educación medioambiental e reciclaxe, Espazo de xogo comunitario con futbolín, tenis de mesa, dardos, xogos de mesa e videoxogos.

Asimesmo, se disporá dun espazo de lectura con libros, revistas e comics de temática xuvenil. Se realizarán tamén un escape room, un obradoiro de DJ e de danzas urbanas, unha xornada de coñecemento doutras culturas así como debates e videoforum.

As datas en que se desenvolven as actividades deste programa son no mes de novembro os días 11, 12, 18, 19, 25 e 26 en horario de 17.30 a 20.30 horas, e no vindeiro mes de decembro os días 2, 3, 9, 10, 16, 17, 23, 26, 27, 28 e 29, asímesmo en horario de 17.30 a 20.30 horas. Non é preciso inscrición previa agás algunhas actividades das que, por cuestións de aforo, se informará previamente.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …