Nova campaña de compostaxe doméstica en Narón

O Concello de Narón desenvolve, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, unha campaña de compostaxe domiciliaria destinada a 75 vivendas do termo municipal.

O vindeiro xoves, día 17 de novembro, de 15:30 a 18:30 h, habilitarase no entorno do centro cívico de Pedroso (antiga rectoral) un stand informativo, atendido por monitores ambientais especialistas en xestión sostible dos residuos para que os veciños interesados se poidan informar e inscribir na campaña.

Esta acción complementarase coa colocación doutro stand informativo o martes, día 29 de novembro, de 15:30 a 18:30 h, no local social de Doso.

O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, recordou que os veciños interesados en adherirse á campaña e adquirir un composteiro, de forma totalmente gratuíta, poderán solicitalo nos stands informativos habilitados en Pedroso e Doso ou no teléfono do concello 981 33 77 00, ata finais do mes de novembro.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …