O BNG de Ferrol pide aplicar a Lei de Memoria Democrática e retirar a placa homenaxe da casa natal de Franco

Iván Rivas en rueda de prensa | BNG

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol pediu esta mañá ao goberno local que inicie de inmediato os trámites para obrigar a retirada da placa homenaxe a Francisco Franco existente na fachada da súa casa natal e dar cumprimento a Lei de Memoria Democrática.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, pediu expresamente ao alcalde da cidade, Ángel Mato, que actúe con «honestidade en relación coa retirada dos símbolos, distincións e recordos que perduran na cidade do réxime franquista e en coherencia actúe dunha forma decidida para dar cumprimento a Lei de Memoria Democrática e reparar unha situación antidemocrática como que existan elementos á vista que enxalzan a un ditador como foi Francisco Franco

Lembra que recentemente entrou en vigor a Lei 20/2022, de 19 de outubro, de Memoria Democrática, que no seu artigo 35, recolle expresamente que: “cando os elementos contrarios á memoria democrática estean situados en edificios de carácter privado ou relixioso, pero con proxección a un espacio ou uso público, as persoas o institucións titulares ou propietarias dos mesmos deberán retiralos o eliminalos”

O portavoz asegurou que o Concello de Ferrol «non pode seguir ignorando nin a Lei nin os múltiples acordos plenarios promovidos, entre outros polo BNG, solicitando a eliminación da simboloxía franquista que aínda perdura na nosa cidade«. Rivas defendeu que «é a hora de librarnos completamente dos retazos que o franquismo e o seu réxime aínda mantén na nosa cidade principalmente pola dignidade de non enxalzar unha ditadura fascista que provocou milleiros de mortos froito da represión cruenta que practicou

O BNG defende «limpar completamente a nosa cidade daquelas referencias que aínda perduran en lugares públicos como é a placa existente nafachada da casa natal do ditador Francisco Franco que enxalza a súa labor como caudillo de España«. Lembra tamén a «placa inaugural existente na Porta Nova da cidade cidade (praza de España), a estatua a González Llanos ou dirixirse ao cabildo do Hospital Juan Cardona para esixir a retirada da estatua de homenaxe a Camilo Alonso Vega existente nos xardíns das súas instalacións

Lea también

Todo en marcha para la celebración los días 3 y 4 de mayo de la Fashion Night en A Magdalena

Todo está en marcha para la celebración de la Fashion Night de A Magdalena que …