Comenza a 2ª edición do programa de emprendemento Adiante Narón

 
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, inaugurou a segunda edición do Programa de Emprendemento Adiante Narón, promovido polo Concello de Narón, que será impartido no Centro municipal de Formación Irmás Froilaz.
 
O programa formativo nace co fin de servir á comunidade de Narón e área de influencia, como un catalizador e potencializador de iniciativas emprendedoras e de autoemprego como alternativa ás opcións que o mercado laboral actual ofrece.
 
O obxectivo fundamental é promover o desenvolvemento de novos proxectos que permitan a revitalización e fortalecemento económico da cidade e o seu tecido empresarial, como base para a xeración de riqueza empresarial, cultural e social.
 
O programa permite ós participantes adquirir os coñecementos necesarios para facer realidade a súa idea de negocio e poñer en práctica desde o primeiro momento eses coñecementos. Consta de quince módulos de experiencia agrupados en diversos bloques tales como Detección de oportunidades e pilares do proxecto; Estratexia e dirección comercial; Análise de viabilidade e proxeccións económicas e financeiras; e Aspectos legais.
 
Nesta segunda edición cóntase con proxectos diversos como centro de formación disruptivo, impresión 3D… Rematando o programa o vindeiro 21 de decembro.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …