A Escola Galega de Consumo ofrece unha charla sobre “Ventas promocionáis”

A Escola Galega de Consumo promove a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa Venres de consumo responde, sobre “Ventas promocionáis”

Nesta convocatoria farase unha exposición sobre os nosos dereitos nesa área e respostarase ás preguntas que se formulen, segundo avanzaron dende a organización. A charla dará comezo este venres, día 25 de novembro ás 12.30 horas.

As persoas que desexen participar deben entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto, da páxina principal, á esquerda, que indica “Venres de consumo”

Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para participar na charla.

Lea también

Unha unidade móbil de ITV para vehículos agrícolas desplazarase a Narón en decembro

Unha unidade móbil para a Inspección Técnica de Vehículos agrícolas desprazarase no vindeiro mes de …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *