Apertura do prazo en Narón para solicitar a instalación de postos no “Mercado de Segunda Man”

O Concello de Narón abriu o prazo para solicitar a instalación de postos no “Mercado de Segunda Man” que se celebrará os días 10 e 11 de decembro no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes

Así o anunciou o concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego, que incidiu en que está prohibida a venda de artesanía, animais, produtos alimenticios ou bebidas, dirixíndose ademáis a convocatoria exclusivamente a particulares, non a comerciantes nin vendedores ambulantes.

Galego explicou que as solicitudes poderán formalizarse ata o 30 de novembro e indicou que se habilitarán un total de 70 postos, que se concederán por orde de solicitude. Os postos permanecerán abertos os dous días en horario de mañá, desde as 10.30 ata as 14.00 horas, e na tarde de 16.00 a 19.00 horas, tal e como avanzou Galego

As solicitudes dos postos, as inscricións son de balde, deben formalizarse a través do Rexistro do Concello, por correo certificado ó Rexistro coa instancia de solicitude debidamente cumprimentada ou a través da Sede Electrónica do Concello no apartado Actividades.

Lea también

Entrega en Narón de preto dun centenar de biocomposteiros ós veciños da cidade

O Café Teatro do Pazo da Cultura acolleu o mércores, día 7 de decembro, o …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *