Obradoiros de karaoke en Narón a través do programa de Envellecemento Activo

O Concello de Narón organiza a través do programa de Envellecemento Activo uns obradoiros de karaoke que se desenvolverán os días 9, 16, 21, 23 e 30 deste mes no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

A iniciativa diríxese a persoas preferentemente maiores de 60 anos e empadroadas en Narón, que poderán asistir de balde.

As mulleres e homes que participen terán a oportunidade de cantar diversas cancións para desfrutar dun tempo de lecer, promovendo un espazo lúdico onde a música sexa o fío de unión. As sesións terán lugar en horario de tarde, ás 17.00 horas, e poderán acudir un máximo de 20 ou 25 persoas por cada grupo.

Para anotarse nesta actividade é preciso chamar ó número de teléfono 722 537 310.

Lea también

O BNG de Narón inicia unha campaña informativa sobre a Atención Primaria

O BNG de Narón iniciou hai uns días repartos informativos sobre as necesidades na atención …