A sociedade cultural Areosa organiza en Narón o festival solidario de Panxoliñas

A sociedade cultural Areosa organiza este xoves, día 8 de decembro, o seu festival solidario de Panxoliñas que terá lugar a partir das 18:30 horas na igrexa de Nosa Señora dos Desamparados de Piñeiros, Narón.

Este ano participarán neste acto,  ademais da coral Areosa, a Rondalla Mugardesa e o Coro «Chorima» de Castro (Narón). Na entrada ó festival recolleranse tanto donativos como alimentos non perecedeiros e de Nadal, que irán destinados á Caritas parroquial do barrio.

Dende Areosa «queremos animar á veciñanza a disfrutar desta tarde de música e ó tempo axudar ás familias máis necesitadas a pasar un pouco mellor estas datas tan especiais»

Lea también

O Concello de Narón impulsa un programa de prevención da depresión e mellora da saúde mental

O Concello de Narón impulsa un programa de Prevención da depresión e mellora da saúde …