Entrega en Narón de preto dun centenar de biocomposteiros ós veciños da cidade

O Café Teatro do Pazo da Cultura acolleu o mércores, día 7 de decembro, o acto de entrega de preto dun centenar de biocomposteiros a veciños de Narón.

O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, participou no acto, que se programou en dúas quendas, ás 16.00 e ás 18.00 horas, e no que unha monitora ambiental especialista en xestión sostible dos residuos ofreceu ós asistentes información sobre compostaxe doméstica.

En total o Concello recibiu 75 biocomposteiros para a campaña que desenvolve conxuntamente coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU.

O pasado mes de novembro dende o Consistorio impulsouse unha xornada de captación na zona rural, concretamente nas parroquias de Doso e Pedroso, que se complementa coa formativa que tivo lugar o citado mércores.

O edil incidiu na importancia de “promover a reciclaxe dos residuos orgánicos e que en lugar de tiralos ao contenedor verde se destinen a compost e se utilicen como fertilizante naqueles casos nos que sexa posible facelo”.

A demanda de biocomposteiros foi maior ás unidades dispoñibles polo que se habilitou un listado no que figuran as persoas interesadas en recibilos. Co fin de que poidan dispoler dos mesmos, explicou Santalla, tratarase de conseguir máis colectores para entregárllelos en canto sexa posible.

Así mesmo Santalla destacou que “dende o Concello continuamos traballando para incrementar as taxas de recollida selectiva e con esta mesma finalidade se procederá nos vindeiros meses a instalar os colectores da quinta fracción, de cor marrón, para materia orgánica, un dos requisitos do novo contrato de recollida de Residuos Sólidos Urbáns”.

Esa colocación tan só está pendiente, como recordou o edil, “de que a Xunta de Galicia acondicione as instalacións da planta de transferencia que ten no polígono de Río do Pozo para poder levar alí a materia orgánica”.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …