Apertura do plazo para solicitar en Narón os postos no mercado de Nadal

 
O Concello de Narón instalará do 19 de decembro ó 4 de xaneiro na praza da Gándara un mercado de Nadal.
 
Co fin de ocupar os postos que se habilitarán o vindeiro luns día 12 abrirá o prazo para anotarse, que pechará o xoves 15 ás 13.00 horas. As persoas con licencia de venda comercial e que vendan produtos artesáns, agasallos, artículos de decoración de Nadal… interesadas en instalarse nalgún dos postos deben escribir un correo electrónico á dirección me.mendez@naron.es, indicando  nome e apelidos, produtos que desexa vender, un teléfono de contacto e un correo electrónico para realizar a tramitación.
 
Os postos adxudicaranse por orde de solicitude e terán preferencia á hora da adxudicación as veciñas e veciños de Narón. Os postos permanecerán operativos nas datas indicadas, agás os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, en horario de 17.00 a 20.00 horas, tal e como se avanzou dende o Concello.

Lea también

O Concello de Narón impulsa un programa de prevención da depresión e mellora da saúde mental

O Concello de Narón impulsa un programa de Prevención da depresión e mellora da saúde …