Narón acolle a XII Xornada Moteira Solidaria

A cidade de Narón acolle o vindeiro sábado, día 17, a XII Xornada Moteira Solidaria, coorganizada polo Concello e o Moto Club Fojeteiros.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, o concelleiro de Deportes, José Oreona, e o presidente e o secretario do Moto Club Fojeteiros, José López Quintián e José Luis Bouza, respectivamente, presentaron este xoves, día 15 de decembro o evento, unha das citas máis consolidadas no programa navideño da cidade.

A convocatoria dará comezo ás 16.30 horas e na mesma participarán moteiros de Narón e doutros concellos. A ruta partirá ás 16.30 horas da praza de Galicia, para realizar un percorrido cara á zona de Santa Icía, A Gándara e regresar á estrada de Castela ata Xuvia, dando a volta no antigo Concello para regresar á praza de Galicia, donde chegarán con Papá Noel, que recibirá ós nenos ás 17.30 horas baixo a carpa alí instalada.

Os moteiros que acodan con vestimentas propias do Nadal recibirán unha consumición de balde e por cada quilo de alimentos non perecedoiros ou un xoguete que entreguen os asistentes para doar ó Centro de Recursos Solidarios de Narón tamén se poderá degustar de balde un chocolate.

Así mesmo, tamén se recollerán nun punto habilitado na praza de Galicia roupa, xoguetes e alimentos non perecedeiros que se entregarán ó Centro de Recursos Solidarios de Narón, dende donde se atende a familias vulnerables.

Haberá animación infantil, obradoiros de pintacaras e, durante a tarde actuará na praza de Galicia o dúo Os Jarabetas.

A Asociación de Comerciantes de Narón colabora neste evento solidario, ó que dende a organización animan a asistir para desfrutar dunha das propostas navideñas que se desenvolverá na cidade esta semana.

Lea también

Concello de Narón e AGA Ferrolterra organizan charlas sobre a avespa asiática

A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Concello de Narón …