Escolares do colexio da Gándara visitan o Concello de Narón

 
Unha vintena de escolares de sexto curso de Infantil do colexio da Gándara visitaron este venres, día 16 de decembro o Concello de Narón e reuníronse coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos.
 
A través da iniciativa “Coñecemento do Concello”, do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, os escolares, acompañados de persoal do centro, visitaron a planta baixa do Concello, donde está a Policía Local e tamén otras dependencias, como o Arquivo e o salón de plenos.
 
En que consiste o seu traballo, se lle gusta, cantas persoas traballan no Concello, como se elixe a un alcalde ou alcaldesa… foron algunhas das cuestións sobre as que preguntaron os menores, moi participativos durante a súa estancia no Consistorio.
 
Ferreiro interesouse ante as rapazas e rapaces por coñecer a súa visión da cidade. Os menores visionaron no salón de plenos o vídeo “Nara de Narón”, sobre a cidade, no que se explica o territorio de Narón, a poboación, a organización municipal e o funcionamento básico da administración local.
 
Antes de regresar ó centro os escolares sacaron unha fotografía de grupo coa alcaldesa, que lles entregou uns agasallos institucionais e tamén no photocall co explorador e a abella Nara que dirixen estas visitas escolares guiadas.

Lea también

Odeón celebra el Día Internacional del Libro Infantil con el Cuentacuentos musical ‘Amanece en el bosque’

El Centro Comercial Odeón celebrará este sábado 1 abril el Día Internacional del Libro Infantil …