Festival Rock e diversas actividades en Narón se suceden polo Nadal

A Praza de Galicia acollerá a vindeira semana, o día 23, o evento Rock Narón, no que participarán as formacións Keepers, Blac Jack, Gin Toni´s, Broken Peach, Nuevo Plan e Sintron ni Son. Os concertos sucederanse baixo unha carpa dende as 20.00 horas e a entrada ós mesmos é de balde, ata completar a capacidade do recinto.

As actividades do progama de Nadal continuarán a vindeira semana co programa “Nadal na Praza da Gándara”, organizado polo Concello de Narón e a Asociación de Comerciantes de Narón e que acollerá unha gran variedade de propostas que comezan o vindeiro luns, día 19, cun obradoiro de maquillaxe infantil de 18.00 a 20.00 horas.

O día 20 actuará a Escola de Zanfona do Padroado da Cultura de Narón ás 17.30 horas e poderase ver aos personaxes de Disney Mickey e Minnie Mouse dende as 17.30 ata as 20.00. O mércores 21 será o turno da Escola de pandereta e canto do Padroado da Cultura de Naron, ás 17.30 e o xoves 22 haberá dúas novas propostas, ás 17.30 actuará a Escola de bailes tradicionais do Padroado da Cultura e ás 19.00 dará comezo o concerto de A Banda do Garaxe.

O día 23 poderase ver a actuación de Xemelgas. A programación de “Nadal na praza da Gándara” continuará a última semana do ano. O luns 26 ás 17.30 horas poderase ver o espectáculo de marionetas “O galo Quirico e os seus amigos” e tamén haberá ás 18.30 un concerto de acordeóns folk da Escola Bellón Maceiras.

O día 27 será o turno de Carlos Quintá, que dará un concerto ás 17.30 e a continuación haberá un obradoiro de marionetas de papel. Finalmente, o día 28 ás 17.30 terá lugar un obradoiro de pinturas co artista Leandro Lamas; o 29 actuará ás 18.00 o Quinteto do conservatorio de Metales e o 30 deste mes ás 17.30 horas pechará a programación unha exhibición da escola de baile Un Paso Adelante (UPA).

Lea también

Odeón celebra el Día Internacional del Libro Infantil con el Cuentacuentos musical ‘Amanece en el bosque’

El Centro Comercial Odeón celebrará este sábado 1 abril el Día Internacional del Libro Infantil …