Entrega de diplomas en Narón dun curso de «Experto profesional en comercialización de produtos da pesca e acuicultura»

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregou este venres, día 16 de decembro, no Concello de Narón os diplomas correspondentes ó curso “Diploma experto profesional da UNED en comercialización de produtos da pesca e acuicultura”.

O edil naronés recordou que unha decena de persoas realizaron esta acción formativa, programada en colaboración coa UNED e Fedepesca, enmarcada nun proxecto impulsado a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e da Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.

O curso constou dun total de 400 horas formativas en liña e o alumnado que rematou obtivo 16 créditos ECTS. As sesións, divididas en oito módulos, impartíronse no primeiro semestre deste ano.

Pita recordou que a través desta convocatoria “tratamos de que o alumnado se especializase e actualizase os seus coñecementos sobre produtos relacionados coa pesca e a acuicultura na fase de comercialización”.

Trala entrega dos diplomas o edil naronés felicitou ós alumnos que remataron esta acción formativa e animounos a continuar formándose na materia e aplicar todos os coñecementos adquiridos.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …