Axenda en Narón do 29 de decembro ó 1 de xaneiro

Xoves 29 de decembro de 2022

Actividade “Navitrén” Hora: Saídas ás 12.00, 13.00, 16.00, 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas Lugar: Inmediacións do Concello

O Navitrén rematará esta semana as viaxes que realiza a diario dende o Alto (inmediacións do Concello) ata Xuvia e A Gándara, en horario de mañá e tarde, respectivamente. Os tickets poden adquirirse un cuarto de hora antes das saídas nunha caseta instalada nas inmediacións do punto de saída a un prezo dun euro e tamén se entregan, de balde, por compras nos establecementos da Asociación de Comerciantes de Narón.

Actividade: “Poboados de Nadal” Hora: 17.00 a 20.00 Lugar: Praza da Gándara

Preto dunha decena de postos de Nadal instalaranse na Praza da Gándara, donde tamén se sucederán exhibicións de bailes, concertos, obradoiros para nenas e nenos e outras propostas de Nadal. Organiza o Concello en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón.

Actividade: “Concerto de Fin de Ano” Hora: 19.30 Lugar: Pazo da Cultura

A Xove Banda de Narón e a Banda Infantil da Agrupación Cultural Musical Sementeira serán os protagonistas do tradicional Concerto de Fin de Ano organizado dende o Padroado da Cultura de Narón. As entradas poden adquirirse a un prezo de dous euros no despacho de billetes do Pazo.

Venres 30 de decembro de 2022

Actividade “Navitrén” Hora: Saídas ás 12.00, 13.00, 16.00, 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas Lugar: Inmediacións do Concello

Actividade: “Poboados de Nadal” Hora: 17.00 a 20.00 Lugar: Praza da Gándara

Preto dunha decena de postos de Nadal instalaranse na Praza da Gándara, onde tamén se sucederán exhibicións de bailes, concertos, obradoiros para nenas e nenos e outras propostas de Nadal. Organiza o Concello en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón.

Actividade: “As catedrais silenciadas” Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura

O concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre pechará a programación deste ano no Pazo da Cultura. A música folk tradicional regresará ao escenario do Pazo para amenizar o penúltimo día deste ano. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Sábado 31 de decembro de 2022

Actividade: “A Trintaeundoce” Hora: 16.30 Lugar: Freixeiro (inmediacións da glorieta da estrada de Castela)

Un total de 538 persoas participarán este ano na San Silvestre naronesa, con saídas programadas dende as 16.30 horas e un tramo de algo máis de tres quilómetros polo centro urbán para as categorías superiores.

Actividade: “Poboados de Nadal” Hora: 17.00 a 20.00 Lugar: Praza da Gándara

Preto dunha decena de postos de Nadal instalaranse na Praza da Gándara, donde tamén se sucederán exhibicións de bailes, concertos, obradoiros para nenas e nenos e outras propostas de Nadal. Organiza o Concello en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón.

Domingo 1 de xaneiro de 2023

Actividade: “Fogos de Aninovo” Hora: 01.00

Unha gran sesión de pirotecnia marcará o inicio do novo ano na cidade. Os fogos de artificio poderán verse dende diferentes puntos da cidade.

Actividade: “Festa de fin de ano” Hora: 01.00 Lugar: Praza de Galicia

Baixo unha carpa ubicada na Praza de Galicia actuarán o DJ Josi da Graver e a Orquestra Origen. A entrada é de balde.

Lea también

Axenda en Narón o 20 e 21 de abril

Sábado 20 de abril de 2024 Actividade: Obradoiro “Encadernación ecolóxica” Hora: 11:00 Lugar: Centro cívico …