Peche en Narón da programación de Nadal

As prazas da Gándara e de Galicia continuarán acollendo parte da programación de Nadal deseñada dende o Concello de Narón.

Dende este luns, día 2 de xaneiro ata o vindeiro xoves, día 5, poderán visitarse na da Gándara, de 17.00 a 20.00 horas, os Poboados de Nadal, donde se poden adquirir artículos artesáns, produtos de alimentación, decoración… nas casetas instaladas a través da iniciativa impulsada dende o Consistorio e a Asociación de Comerciantes Narón.

A maiores, a praza de Galicia acollerá, baixo unha carpa, unha serie de actividades dende o citado luns ata o mércores día 4, tamén polas tardes, de 17.00 a 20.00 horas.

Este luns haberá sesión de contacontos educativo, un obradoiro de decoración de cartas para os Reis Magos e outro de slime de Nadal, xogos didácticos, de memoria, de mesa e de estratexia e tamén cooperativos.

Na xornada deste martes poderase ver o espectáculo con animación “Non sexas grinch” e haberá obradoiros de decoración de galletas dos Reis Magos e de bolsas de papel e xogoteca e xogos musicais.

Finalmente, para pechar a programación, o mércores día 4 haberá un espectáculo de maxia con Álex Louzao, obradoiros de coroas de Reis Magos e de brochetas de doces, xogoteca e xogos populares de madeira, entre outros. Todas as actividades son de balde.

O día 5 terá lugar “A viaxe máxica. Cabalgata de Reis de Narón”, un espectáculo artístico de gran formato no que participarán preto de catrocentas persoas que acompañarán ás Súas Maxestades Reais. Ás 17.30 horas a comitiva sairá da praza do Colexio de Xuvia en dirección á Praza de Galicia, donde os Reis Magos serán recibidos oficialmente pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e falarán cos nenas que se acheguen á carpa para saudalos e, nalgúns casos, entregar as súas cartas.

Espectáculos de danza, música e maxia amenizarán o percorrido que se realizará con sete carrozas máxicas, entre elas as dos Reis Magos e a do Carteiro Real, a da Maruxaina, o Crebanoces e o Carboeiro.

A Banda de gaitas do Padroado da Cultura de Narón, a Escola de Baile de salón do Padroado e a Xove Banda de Narón da Asociación Cultural Musical Sementeira, actuarán tamén nesta ocasión para dar a benvida á cidade ós Reis Magos de Oriente.

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …