O Esteo logra a victoria no derbi comarcal ante o Café Candelas O Parrulo «B»

Álex Naveira e Héctor no derbi | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Derbi este sábado as 17h, e partido moi interesante entre O Esteo e o Café Candelas O Parrulo «B», coma o Liceo-Voltregá da mesma hora, e o ambiente no pequeno Monte Caxado era de gala, como así o necesitaba o cadro pontés, Puidose ver ao ex adestrador do mítico Autos Puentes, o gran Pablo Prieto.

No tocante ao encontro gran e sufrida vitoria, como non podía ser menos, do O Esteo 7-4 ante o filial parrulo. Novamente foi a remolque o cadro local ante un conxunto que está a realizar unha gran campaña, pois está sexto clasificado a un so punto do play off.

Os ferroláns puxeronse por diante dende o inicio e chegaron a estar 1-3 e 2-4, pero outra vez, coma a semana pasada co Guardo, O Esteo anotou tres tantos nos últimos tres minutos, daquela serviu para empatar 7-7, e hoxe os goles de Cokito, Jhony e un desafortunado de Alonso cabeceando cara atrás deron un triunfo vital aos de Senén.

Os locais quedan undécimos, sextos pola cola, con 20 puntos, cun colchón de cinco sobre o descenso, pero a vindeira xornada toca outra batalla, duelo directo ante o Unión Arroyo de Valladolid, antepenúltimo con 12 puntos.

O Esteo: Xeito, Cokito, Héctor, Jhony, Jandro – Troncho, Eloy, Adrián, Guillán.

Café Candelas O Parrulo «B»: Gabeiras, Alex Naveira, Alonso, Miguel Caeiro, Noel – Borja, Yago, Dani, Aarón, Pansi, Mathias.

Goles: 0-1, Aarón (3´), 1-1, Jandro (4´), 1-2, Mathias (6´), 1-3, Daniel (1o´), 2-3, Cokito (18´). 2-4, Caeiro (24´), 3-4, Jhony (25´), 4-4, Héctor (32´), 5-4, Cokito (37´), 6-4, Jhony (38´), 7-4, Alonso, pp (39´).

Incidencias. Amarelas a Héctor, Cokito, Adrián, Miguel, Noel. Expulsado o porteiro visitante Daniel Gabeiras con vermello directo (16´). Máis de 100 espectadores espectadores no Monte Caxado.

Lea también

O Café Candelas O Parrulo “B” juega ante el Caja Rural Atlético Benavente

Los ferrolanos necesitan los tres puntos en su lucha por la permanencia. Empieza la recta …