O Día Internacional da Croqueta volve a ter sede en Mugardos

O Día Internacional da Croqueta está envolto en misterio. Non é doado atopar referencias sobre o seu nacemento, pero xa é, desde hai anos, unha data sinalada para os amantes desta delicia nacida en 1817, aló pola Francia de Luis XIV. «Máis doado que buscar as orixes da croqueta é buscar Mugardos no mapa e vir probalas de todos os sabores» di Belén Tojeiro, do Café-Bar El Peña e impulsora da celebración.

«É unha receita moi familiar, todo o mundo ten feito croquetas na súa casa, á súa maneira e con calquera ingrediente. Quen non lles ten cariño? Pois ese cariño que lle poñemos os locais de Mugardos querémolo compartir cos nosos clientes». É tamén un xeito de retomar as actividades despois duns anos complicados por causa da Covid-19, como lembra Belén: «A pandemia foi un golpe duro, pero a xente ven aos bares e restaurantes a reencontrarse, a pasalo ben, e gústanos moito ofrecerlles este tipo de cousas. Queremos que saiban que xa estamos de volta».

En efecto, serán ata 13 establecementos os que sirvan como pincho croquetas de todos os tipos e sabores, cada quen á súa maneira, tanto este luns 16 de xaneiro ao mediodía, como o vindeiro venres 20, á tarde e a noite. Para que ninguén quede sen probalas. Croquetamente, serán o Muelle 43, a Tapería Plaza, El Peña, O’ Fol, Pulpería La Isla, 4 Caminos, O’ Trope, Picas, O’ Escabeche, Amaragotas, O Trisquel, Helvetas e La Posada del Mar.

«É a escusa perfecta para visitar Mugardos. En parella, en grupo ou cos cativos, porque aos nenos encántanlles as croquetas»

Lea también

La Guardia Civil investigó a un vecino de Miño por circular dos veces con su coche en sentido contrario el mismo día

El Grupo de Investigación y Análisis de Tráfico (GIAT) del Sector de Tráfico de Galicia, …