O BNG de Ferrol pide a reapertura ao tráfico da rúa Nova de Caranza

O portavoz municipal do BNG en Ferrol, Iván Rivas, trasladou esta mañá ao goberno municipal as queixas da veciñanza de Ultramar e a solicitude para que se proceda a reabrir ao tráfico a rúa Nova de Caranza poñendo fin ao corte da circulación no túnel de conexión coa rotonda do Diapasón.

Iván Rivas abordou esta cuestión na comisión de urbanismo celebrada hoxe e pediu ao goberno local «que aclare definitivamente a data da súa apertura ao trafico pois esta situación está a provocar a queixas da veciñanza e dos comerciantes da zona.«

Lembraba que estes traballos, que obrigaron a restrinxir o tráfico nesta rúa, iniciáronse o pasado 14 de novembro e tiñan previsto unha duración dunha semana. «Hoxe máis de dous meses despois a vía segue cortada sen que o goberno local sexa capaz de informar sobre o estado dos traballos nin dar conta de cando se poderá volver a circular.«

Para o BNG «non é de recibo a actitude amosada polo goberno municipal de desleixo fronte aos problemas da cidade nin de ser capaz de informar sobre cales son as causas que motivan que uns traballos que ían durar unha semana se prolonguen máis de dous meses provocando importantes molestias ao vecindario.«

Lea también

Chelo Loureiro visita los colegios de Ferrol

La productora ferrolana Chelo Loureiro ha comenzado este miércoles 24 en el CEIP de Ponzos …