O Esteo segue sumando en Monte Caxado ante o Sala Ourense

Instante do O Esteo-Sala Ourense | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

O Esteo logrou rescatar un punto no encontro disputado este sábado no Monte Caxado no partido da xornada 18.

Enfrontábanse dous equipos necesitados, sobre todo os visitantes, penúltimos, cos locais tamén bordeando a zona de descenso.

Sen ser un resultado satisfactorio para os locais, nun partido moi igualado preto do final un gol de Héctor serviu para rescatar un punto.

Si ben aínda ata o final puido marcar calquera dos dous equipos, un trallazo de Jandro foi ó longueiro, e Iván cun control casi regatea a Xeito.

Os locais son sextos pola cola cun marxe de tres puntos sobre o descenso, con próxima complicadísima visita ao Lugo Sala.

O Esteo: Xeito, Cokito, Héctor, Ayala, Troncho – Jandro, Guillán, Adrián, Eloy.

Sala Ourense: Pablo, Raúl, Iván, Santi, Iago – Joel, Gustavo, Arturo, Adrián, Ángel.

Goles: 1-0, Cokito (4´), 1-1, Arturo (8´), 2-1, Cokito (13´), 2-2, Arturo (18´). 2-3, Santi (27´), 3-3, Jandro (31´), 3-4, Gustavo (32´), 4-4, Héctor (35´).

Incidencias. Amarelas a Eloy, Adrián, Héctor, Santi, Iván, Gustavo, Pablo. Expulsado con vermello directo Guillán (28´), e Fran. Uns 100 espectadores no Monte Caxado.

Lea también

El Racing infantil logra un brillante ascenso a División de Honor

El Racing infantil certificó el domingo su ascenso a División de Honor tras derrotar al Vitoria. …