O BNG pide explicacións ao goberno de Ferrol pola celebración do mercado de Semana Santa

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixe ao goberno local que dea explicacións a respecto da súa implicación na organización dun mercado na cidade durante a Semana Santa, «se ten coñecemento do mesmo e se ten previsto actuar como fixo co mercado de artesanía no nadal

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que diante dunha nova convocatoria para a celebración desta actividade e de ser certas as condicións esixidas, «estas limitan claramente a participación no mercado do tecido artesán local«. O goberno local «volve caer nos mesmos erros e actúa da mesma forma que no mes de decembro e avogou por estabelecer canles de diálogo entre o Concello e as artesáns interesadas en participar neste tipo de eventos co obxectivo de fomentar e facilitar a súa participación.«

O BNG sinala que «non é de recibo que a mesma empresa e usando o nome do Concello de Ferrol estea enviando ofertas a artesáns para estabelecerse nun evento a celebrar na Semana Santa cunhas condicións e prezos que van desde os 900 € até case os 2000 € sen ive por unha feira que durará unha semana convertendo a participación de moitos e moitas artesáns da nosa cidade en imposíbel.»

Iván Rivas considera que o goberno local «ten os medios necesarios ao seu alcance para organizar este tipo de mercados co que darlle cabida ao tecido artesanal da nosa cidade e a posibilidade de facelo en cordenación con elas

Así mesmo, considera que cando o goberno municipal de Ferrol «aínda ten pendente por dar explicacións sobre a súa actuación no mercado de Nadal insista na mesma forma de proceder«. Desde o BNG consideran oportuno que o goberno local «aclare que tipo de relación ou contrato existe no Concello con esta empresa para desenvolver esta actividade e porque seguen sen contar cos artesáns e artesás para celebrar este tipo de eventos

Lea también

Desvíos de tráfico de las obras de humanización de la FE-14 Ferrol

El Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible avanza en la ejecución de las obras de …