O BNG de Narón inicia unha campaña informativa sobre a Atención Primaria

O BNG de Narón iniciou hai uns días repartos informativos sobre as necesidades na atención primaria e as específicas ó respecto de Narón.

Este luns, día 6 de febreiro, estiveron no centro de saúde informando e falando coa veciñanza que se achegaba.

Os nacionalistas reclaman «máis persoal para o novo centro de saúde de Narón» “é unha realidade a demora de dez días, se tes sorte, para ter unha primeira cita co teu médico de cabeceira e iso é unha neglixencia da Xunta que non se pode permitir” manifesta Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.  Por todo isto, o bloque iniciou unha campaña informativa nas prazas e que recalou este luns 6 de febreiro desde as 9,00 horas da mañá diante do centro de saúde no camiño de Lodairo.

Informan desde o BNG a gran receptividade a esta camapña da sociedade “a xente agradece moito que nos mobilicemos e reclamemos tamén nas institucións. A sanidade é un dereito universal que nos queren roubar para beneficiar á privada. Por iso o 12 vai haber unha manifestación histórica en Compostela e, desde Narón imos ter un autobús” indica Ledo.

Así mesmo, Marta Grandal, responsable local do BNG de Narón respondía que “hai máis dun ano a alcaldesa e Feijóo inauguraban un centro de saúde con demasiadas eivas. Agora, os veciños de Narón ademais de ver como se retrasan as súas citas tamén comproban como o novo centro de saúde segue con deficiencias na estrutura, o ascensor segue a non funcionar todos os días e o aparcadoiro leva un ano e medio de retraso nas obras. Só agora antes das eleccións acordouse o concello de que estabamos aparcando nunha lameira. Desde o BNG levamos ó parlamento a situación do centro de saúde e no pleno municipal seguiremos a incidir para que o concello atenda as demandas da veciñanza.”

Se adxuntan as declaracións de Olaia Ledo

 

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …