Inscrición para participar na “XVII Mostra da Camelia Cidade de Narón”

As persoas que desexen participar na “XVII Mostra da Camelia Cidade de Narón” instalando un expositor e no “XIII Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón” deben facelo antes de finais desta semana, ata o vindeiro 10 de febreiro, a través do mail asociaciongalegadacamelia@gmail.com ou do número de teléfono 660 599 700.

Esta cita organizada polo Concello e a Asociación Galega da Camelia desenvolverase esta fin de semana, o sábado e o domingo, nas instalacións do Centro Comercial Odeón. A programación prevista comezará a desenvolverse o día 11 ás 9.00 horas, cando se comezará a montar a mostra. Os mellores exemplares desta flor poderanse ver nos espazos habilitados para tal fin e ás 13.00 horas un xurado especializado encargarase de calificar os lotes que participarán no concurso.

Despois dun xantar de confraternización retomarase a actividade para, ás 17.30 horas, proceder á inauguración oficial da Mostra e apertura ó público. Tralo acto oficial dará comezo a entrega de premios deste certame, á Mellor Camelia japónica, á Mellor Camelia reticulada, á Mellor especie de camelia, ó Mellor híbrido de Camelia, á Mellor flor miniatura, ó Mellor cultivado, expositor e á Mellor composición artística colectiva.

Ás 22.00 procederase ao peche da Mostra ata a xornada do domingo, para reabrir ás 10.00 horas. Media hora máis tarde está programada unha visita a un parque de camelias dun coleccionista e as persoas que queiran acudir deberán anotarse previamente chamando ó teléfono 660 599 700.

Dende a organización animaron a participar neste tradicional evento, que reúne na cidade a visitantes chegados de diferentes concellos.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …