O BNG de Narón lamenta o cambio de itinerario do desfile das comparsas polo mal estado das rúas

O BNG de Narón denuncia a través dun comunicado «o mal estado no que se atopan moitas das rúas do concello de Narón pola falta de mantemento»

«O desleixo do goberno municipal en canto a manter as infraestruturas pertencentes ó territorio de Narón vese día a día na rúa ante as fochancas que teñen moitas delas, como por exemplo a rúa Wenceslao Fernández Flórez, no barrio da Gándara»

«O mal estado no que se atopa esta rúa obriga a variar o itinerario do desfile de comparsas programado para o vindeiro sábado 18 por representar un grave perigo para o tránsito peonil pola mesma e ser totalmente intransitable para persoas con mobilidade reducida, como as da comparsa da asociación ASCM» engade a formación

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …