Evaristo Deus elexido candidato do BNG de Mugardos ás eleccións municipais de maio

A Asemblea Local do BNG de Mugardos, nunha reunión celebrada o pasado xoves, designou por unanimidade a Evaristo Deus Deus como candidato do BNG ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio.

Evaristo Deus Deus foi concelleiro no grupo de goberno do BNG en Mugardos entre os anos 2003 e 2007; desenvolvendo unha importante laboura nos ámbitos da normalización lingüística, medio ambiente e emprego; e segue a desenvolver na actualidade un intenso traballo no movimento asociativo da vila.

Según manifestou após o seu nomeamento o seu obxectivo é “desenvolver un proxecto político que defenda os intereses da veciñanza de Mugardos e traballar para acadar un cambio de rumbo; comprometéndose así coa xente e coas súas necesidades reais.”

O recén nomeado candidato do BNG enfatizou que “o noso obxectivo é ofrecer unha alternativa firme e que este proceso electoral marque un punto de inflexión para facer que Mugardos saia desta situación de falla de iniciativa política que sitúa á vila nunha sorte de parálise.

É preciso poñer en valor o noso concello e situalo no mapa, para o que é fundamental que o BNG acade o mellor dos resultados posíbeis e así poder desenvolver un proxecto de concello BNG».

Lea también

Ares acada o epicentro de Atenas no marco do proxecto europeo ‘Sporural’

A concelleira de Deportes de Ares, Alma Barrón, e membros do equipo técnico deportivo e …