O Concello de Neda celebra o Día de Rosalía cos estudantes de Primaria da vila

O Concello de Neda celebra o Día de Rosalía convidando ós nenos a asistir ó espectáculo “A Miña Historia”, con Trémola Teatro.

Este venres, día 24 de febreiro, o salón de actos da casa da cultura abrirá as súas portas a partir das 10 horas para acoller a obra, centrada na biografía de Rosalía e narrada por Andrea, xornalista saída do século XIX.

Partirá da súa vida para introducir algúns dos seus textos máis importantes, compartindo co alumnado algúns dos versos da autora, e achegando así a súa obra ós máis novos

Na actividade, organizada pola concellería de Educación, participarán os estudantes de 1º, 2º e 3º curso de Primaria do CEIP de Maciñeira e do CEIP San Isidro.

Lea también

Valdoviño ha puesto en marcha la campaña anual de desbroces

El Ayuntamiento de Valdoviño inicia la campaña anual de desbroces en los más de 600 …