Valdoviño celebra o Día de Rosalía sumando unha nova obra artística á paisaxe local

Valdoviño, conmemora o Día de Rosalía cun novo mural adicado á poetisa e novelista. A pesares do tempo inestable das últimas xornadas, o pintor Manuel Carballeira aproveitaba os claros para lograr rematar, este xoves, día 23 de febreiro, coincidindo coa xornada, o novo mural adicado á poetisa.

Máis de 3.000 letras feitas a pincel conforman a súa faciana, que loce espectacular coa praia pequena de fondo. Un agasallo para a vista e unha lectura á beira da Frouxeira, xa que esas 3.000 letras forman parte dalgúns dos poemas da obra de Rosalía.

Un particular tributo á autora, presente tamén na edificación a través dunha primeira obra creada polo propio Carballeira hai agora un ano. Unha Rosalía surfeando entre poemas que non deixa de sorprender

Lea también

Andainas saudables organizadas polo centro de saúde de Pontedeume da ASF

Un total de 25 persoas estreaban as andainas saudables organizadas polo persoal sanitario do centro de …